Manifestación histórica: A marcha a favor do galego reúne máis de 45.000 persoas e colapsa Compostela

Compostela acolleu na maña deste sábado unha manifestación histórica. A marcha que xuntou segundo os organizadores máis de 45.000 persoas e colapsou a capital da Galiza, partiu ás 12 horas da Alameda, entrou bo casco histórico pola avenida de Figueroa, percorreu a rúa do Franco e rematou na Praza do Obradoiro, que non tardou en encherse.

A  mobilización, convocada por Queremos Galego e apoiada por formacións políticas como BNG e PSdeG, sindicatos como CIG ou Comisións Obreiras e ducias de colectivos sociais de todo o país, desenvolveuse nun contexto marcado pola situación de emerxencia lingüística tras coñecerse en outubro do ano pasado que o uso galego atópase en mínimos históricos.

Perda de falantes

A presentadora do acto, Isabel Risco, e a coordinadora de Queremos Galego, Celia Armas, referíronse nas súas intervencións ao remate do acto na Praza do Obradoiro a caída de galegofalantes recollida na enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) de outubro de 2024, que desvelaba que 70.891 mozos e mozas de entre 5 e 14 anos –isto é, 32,4% desa faixa de idade– recoñecían en 2023 a súa imposibilidade para expresarse en galego.

O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, referiuse, tamén, a estes datos na intervención que puxo remate á marcha. Neste sentido, cargou contra "os responsábeis dun modelo de ensino que consegue que 70% das crianzas que chegan a escola falando galego saian falando castelán e de que un de cada tres persoas que rematan o ensino obrigatorio recoñeza non saber falalo", asegurando que "as nenas e nenas galegos non teñen dereito nin a xoguetes que falen o seu idioma".

"Emerxencia lingüística"

"Calquera pegada, calquera presenza de galego é demasiado para quen só é capaz de desprezalo", asegurou Maceira, quen destacou que "por iso non resulta estraño que con todos os datos, incluídos os oficiais, certificando a emerxencia lingüística derivada das políticas que tantas veces denunciamos, insistan na belixerancia: mantendo o decreto contra o galego no ensino".

Maceira aseverou que "a  mobilización e a toma da iniciativa pola lingua da sociedade galega é o único que pode facer mudar o rumbo do idioma e reverter a emerxencia lingüística. Se a Xunta renega de Galiza e non quere asumir a súa responsabilidade farémolo nós. Agardamos que o PP se sume, que cumpra o seu deber e abandone a belixerancia contra Galiza e o galego".

"Hoxe dámoslle á nosa lingua a enerxía que precisa para asegurala sempre, recuperar espazos e gañar falantes", continuou Maceira, quen indicou que" non queremos  aparencias. Precisamos feitos e que se cumpran e concreten todos os acordos nacionais e internacionais a favor do galego".

O voceiro de Queremos Galego destacou o carácter "histórico" da xornada, asegurando que "os nosos netos e as nosas netas poderán dicir con orgullo que viven en galego porque os seus pais e nais, avós e avoas defenderon o idioma que é seu e fixeron todo o posíbel e o imposíbel para restituílo e derrotar os programas de destrución.

"A lingua é vital para Galiza"

"A lingua é vital para Galiza", rematou Maceira en referencia ao lema da marcha, quen indicou que "a emerxencia lingüística require solucións e compromisos amplos. O obxectivo está claro, galego en todo e para todo. Sen escusas, sen limites e sen impedimentos de ningún tipo. Para que quen xa o usa poida continuar a facelo e quen non o fai se poida instalar nel con toda a liberdade, sen impedimentos, con toda oferta"

Marcha de Queremos Galego polas rúas de Compostela (Foto: Nós Diario)

Connexion utilisateur

Commentaires récents

  • Rodrigue Petitot (RPPRAC) démolit Elie Domota (LKP)

    POUKI SE SENDIKA-A...

    Albè

    24/10/2026 - 07:48

    ...pa ka anni batjé adan mouvman lari-a (RPPRAC) menmsi sé pa yo ka mennen'y ? Lire la suite

  • Ki koté lo moun-tala pasé ?

    "GAOU", "NIATA"...

    Albè

    24/10/2026 - 07:45

    Sé pa pawol matinitjé ki la kidonk man pé pa réponn ou ! Lire la suite

  • Rodrigue Petitot (RPPRAC) démolit Elie Domota (LKP)

    Sans commentaires

    Daniel

    23/10/2026 - 15:40

    Mèsi, man pa te okouran le dènye pawòl. Sa te pou rive jik la.
    Lire la suite

  • Ki koté lo moun-tala pasé ?

    Sete an blag

    Daniel

    23/10/2026 - 10:03

    Quoique.
    Menm si yo pa li Fondas Kreyol, yo pa kouyon. Ki mannyè yo ka di:
    Lire la suite

  • Ki koté lo moun-tala pasé ?

    ALIGNEURS...

    Albè

    22/10/2026 - 20:10

    Man pa kwè ni anlo moun ka li FONDAS KREYOL. Arété rakonté KOUYONNAD ! Lire la suite

  • L'incendiaire "présumé" de la mairie de Limoges n'est ni un Mohamed ni un Mamadou

    "................"

    yeg

    22/10/2026 - 15:56

    Pourquoi le mot "présumé" du titre est-il entre guillemets ? Lire la suite

  • Ki koté lo moun-tala pasé ?

    ..."led adan konpowtasion-nou" ?

    Daniel

    22/10/2026 - 14:35

    Pétet pas yo vini malen, afòs li Fondas Kreyol lanne passe.
    Lire la suite

  • Bracages à Fort-de-France : "...s'exprimant en créole saint-lucien"

    C'EST TOI LE PREMIER DELINQUANT !

    Albè

    21/10/2026 - 11:10

    Tu mériterais qu'on t'arrache ta gueule d'Oncle Tom et de négro aliéné. Lire la suite

  • Bracages à Fort-de-France : "...s'exprimant en créole saint-lucien"

    Et si on avait dit "des braqueurs ste-luciens" ,votre réaction ?

    yeg

    21/10/2026 - 11:02

    Exactement le même phénomène que je décrivais il ya qq commentaires de celà: par peur dêtre trait Lire la suite

  • Le chef du renseignement d'Arabie saoudite sur la sellette

    ET DONC...

    Albè

    21/10/2026 - 07:42

    ...ce général noir saoudien a fait COMMENT pour naitre puisque ses parents étaient tous castrés ? Lire la suite